· XunTOs · Blog de Terapeutas Ocupacionales de Galicia

Outra forma de vivenda

Deja un comentario

(Por Outra forma de vivenda)

¿Buscas unha vivenda accesible, sustentable e comunitaria?

Non queremos empezar a casa polo tellado. Prefer

imos facelo desde abaixo, promovendo un proxecto de cooperativa de vivendas adaptadas ás nosas necesidades e situación persoal. Porque outra forma de vivenda tamén é posible.

Outra forma de vivenda é un grupo de persoas e profesionais de diversas áreas (terapia ocupacional, arquitectura, comunicación, traballo social e psicoloxía) que baseándose en experiencias e problemáticas próximas, decidimos unirnos para impulsar un proxecto piloto de vivendas accesibles, sustentables e comunitarias, onde as persoas interesadas tomen parte activa na súa promoción, deseño e xestión.

Outra forma de vivenda busca persoas interesadas en sumarse ao seu proxecto piloto de vivendas, e para iso convidámosvos o mércores 7 de outubro, ás 19:30 horas, a unha reunión informativa onde detallaremos como queremos formar a cooperativa. Se estás interesado/a en estas vivendas ou simplemente queres colaborar, animámosche a acudir á sala 9 do centro cultural Ágora (rúa Ágora s/n).

A reunión pretende ser, simbólicamente, a primeira

pedra do proxecto. Esta iniciativa xorde da necesidade doutro estilo de vivir, na que se teña en conta a natureza e os seus recursos, os seres humanos como seres sociais, e tamén o pasado, presente ou futuro de cada persoa, de forma que tanto a vivenda, a contorna, e as nosas características persoais e familiares, non sexan nunca unha barreira, senón o punto de partida do desenvolvemento persoal e social, onde o fogar tome o espazo como lugar de confort e benestar que lle corresponde. Este proxecto pretende dar o protagonismo aos seus habitantes desde antes de selo, aos espazos adaptados ás necesidades dos individuos en calquera situación da súa vida, sen esquecer esa natureza da que somos parte.

A idea é que a partir do mércores 7 de outubro fórmese un grupo de xente para crear esta cooperativa de vivendas accesibles, sustentables e comunitarias, na que serán as persoas interesadas as que formen parte activa do proceso de creación e xestión das súas propias vivendas, e participen no seu deseño, axustándoas ás súas necesidades.

Se queres saber máis, esperámosche o mércores 7 de outubro ás 19:30 no centro cultural Ágora.

Posibilidade de ampliar información ou concertar entre

vistas: Olga Burque 635839677. Javier Díaz 691180604. Máis información na páxína web ou a través do seu correo elect

rónico: info@outraformadevivenda.org.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s