(Por Outra forma de vivenda)
¿Buscas unha vivenda accesible, sustentable e comunitaria?
Non queremos empezar a casa polo tellado. Prefer
imos facelo desde abaixo, promovendo un proxecto de cooperativa de vivendas adaptadas ás nosas necesidades e situación persoal. Porque outra forma de vivenda tamén é posible.
Outra forma de vivenda é un grupo de persoas e profesionais de diversas áreas (terapia ocupacional, arquitectura, comunicación, traballo social e psicoloxía) que baseándose en experiencias e problemáticas próximas, decidimos unirnos para impulsar un proxecto piloto de vivendas accesibles, sustentables e comunitarias, onde as persoas interesadas tomen parte activa na súa promoción, deseño e xestión.